Os inicios da electricidade

Aínda que a electricidade xa era coñecida polo home, é no s. XVIII cando se estuda empregando unha sistemática científica. Nos seguintes vídeos podes aprender un pouco máis sobre isto:

Como sucede con frecuencia en ciencia, un descubrimento casual supón o inicio dunha morea de acontecementos que desencadean importantísimas conclusións e poden levar ao inicio de novos camiños de investigación. Foi o que sucedeu con Galvani a finais do s. XVIII, quen observou o movemento das patas dunha ra morta cando a tocaba con dous instrumentos de metais distintos. Atribuiuno a unha “forza vital” propia dos animais.

Pronto, Volta decatouse de que o impulso eléctrico proviña do contacto entre os dous metais a través da ra, quen actuaba como simple condutora. O contacto entre os dous metais xeraba unha corrente eléctrica que Volta logrou optimizar enfrentando Cu e Zn, pois era a parella que máis descarga lle producía na lingua. Volta inventou así a pila. Este dispositivo pasou a substituir á botella de Leyden, o dispositivo empregado ata o momento polos científicos, pero moi incómodo, pois unha vez descargado, había que cargalo de novo. A explicación de Galvani non era correcta, pero foi o primeiro en ralacionar a contracción muscular cos impulsos eléctricos, o que supuxo o inicio da neurofisioloxía.

Le todo o relacionado con estes achados no seguinte traballo:

poster_franky_ciencia_moi_pequeno

Olla estes vídeos para aprender máis:

Isomería óptica

  • O seguinte vídeo explica o fenómeno da quiralidade:

  • Neste vídeo entenderedes mellor o que é a luz polarizada:

  • E aquí tedes un exemplo práctico. A fructosa ten varios carbonos quirais (con 4 substituíntes diferentes) e, por tanto, fai xirar o plano de vibración da luz polarizada. Fixádevos como cando no bote hai auga, lógrase bloquear ao mesmo tempo a luz procedente da pantalla e a que atravesa o bote. Pola contra, cando hai fructosa disolta, non logramos bloquear simultáneamente a luz que ven directamente da pantalla e a que atravesa o bote. Isto é porque a que ven dende a pantalla non está vibrando no mesmo plano que a que atravesou o bote.

Fructose

  • Un pouco de humor…