Equivalente mecánico da calor

Este enlace ilustra o experimento de Joule (1843) no que determinou o equivalente mecánico da calor. Chegou á conclusión de que a calor é unha forma de enerxía, como tamén o é a enerxía potencial. Por iso interconvértense.

Resultado de imagen de experimento de joule

Este experimento xunto con outros levou ao establecemento dun dos principios máis importantes da Física: o Principio de Conservación da Enerxía.

Conservación da enerxía

As máquinas de Rube Goldberg son un exemplo das transformacións enerxéticas. Nelas pódense observar os efectos da enerxía mecánica (cinética, potencial), lumínica, acústica, eléctrica, química, magnética…

EFECTOS

Ollade este vídeo e localizade as transformacións enerxéticas que se producen e onde pode haber disipación ou degradación de enerxía: