Leis dos gases-2ESO

  • Nesta ligazón podes explorar que sucede a nivel molecular cando modificamos o volume, a presión e a temperatura dun gas. Se este gas é ideal, responde ás Leis de Boyle-Mariotte (T=cte), Gay-Lussac (V=cte) e Charles (P=cte).

Imagen relacionada

1-Vai á pestana “Leyes” e investiga en “Boyle”, “Charles” e “Gay-Lussac”.

2-A continuación, preme en “Laboratorio” e vai a “Sala Boyle” e “Sala Charles”

1-Observa o movemento das partículas ao incrementar a temperatura na primeira pestana.

2-Na pestana “Ley de Boyle” toma parellas de datos P,V e comproba que se cumple a lei de Boyle.

3-Na pestana “Lei de Gay Lussac” toma parellas de datos P,T e comproba que se cumple a lei de Gay Lussac.

Vídeo

Medida da presión atmosférica

  • Este vídeo mostra o barómetro de Torricelli. Fíxate como o resultado do experimento é o mesmo (a altura da columna de Hg é a mesma) sen depender da sección do tubo empregado nin da súa forma.
  • Aquí podes ver algunhas das cousas que suceden se reducimos a presión sobre os obxectos que nos rodean. Neste vídeo extraese o aire do interior da campá e obsérvase o resultado sobre diversos obxectos.

Teoría cinético-molecular e os gases ideais

  • Nesta ligazón podedes acceder a unha explicación dos puntos fundamentais da Teoría cinético-molecular. Preme en TCM e “Teoría cinética”.
  • Esta simulación da Universidade de Colorado permítevos modificar os diversos parámetros que inflúen no comportamento dun gas ideal e comprender a interpretación que fai deste comportamento a TCM.

Gas Properties      Responde razoadamente ás seguintes cuestións:

a-Mantendo constantes V e n, aumenta T. ¿que lle acontece a P?

b- Mantendo constantes V e n, reduce T. ¿que lle acontece a P?

c-Mantendo constantes T e n, aumenta V. ¿que lle acontece a P?

d- Mantendo constantes T e n, reduce V. ¿que lle acontece a P?

e- Mantendo constantes P e n, aumenta T. ¿que lle acontece a V?

f- Mantendo constantes P e n, reduce T. ¿que lle acontece a V?

g-Argumenta as túas respostas empregando a lei dos gases ideais e tamén a través da TCM.

Leis dos gases

  • Nesta ligazón podes traballar cun coa Lei de Boyle nun laboratorio virtual. Debes entrar en “Laboratorio – Sala Boyle”. Despois, responde ás seguintes cuestións:
    • a-Explica en que consiste a simulación e as gráficas que ofrece a partir dos datos.
    • b-Copia unha táboa de datos P-V con 6 parellas de datos que oscilen entre V=35ml e V=8ml. Copia tamén a forma das dúas gráficas que che ofrece o programa. ¿A que lei responden? ¿Por qué son así?
  • Observa tamén como funciona a Lei de Charles no laboratorio virtual.Debes entrar en “Laboratorio – Sala Charles”. Despois, responde ás seguintes cuestións:
    •  a-Explica en que consiste a simulación e as gráficas que ofrece a partir dos datos.
    • b-¿A qué lei responde esta gráfica? ¿Por qué ten esta forma?
Enlace

Simulación: Leis dos gases ideais

Montaje_gases