Leis dos gases-2ESO

  • Nesta ligazón podes explorar que sucede a nivel molecular cando modificamos o volume, a presión e a temperatura dun gas. Se este gas é ideal, responde ás Leis de Boyle-Mariotte (T=cte), Gay-Lussac (V=cte) e Charles (P=cte).

Imagen relacionada

1-Vai á pestana “Leyes” e investiga en “Boyle”, “Charles” e “Gay-Lussac”.

2-A continuación, preme en “Laboratorio” e vai a “Sala Boyle” e “Sala Charles”

1-Observa o movemento das partículas ao incrementar a temperatura na primeira pestana.

2-Na pestana “Ley de Boyle” toma parellas de datos P,V e comproba que se cumple a lei de Boyle.

3-Na pestana “Lei de Gay Lussac” toma parellas de datos P,T e comproba que se cumple a lei de Gay Lussac.

A síntese química

Neste vídeo podedes ver as estapas dun proceso de síntese dun composto orgánico. En primeiro lugar, debe decidirse a estrutura se se desexa obter. O obxectivo é unha estrutura que posúa algunha propiedade que nos interese. Por exemplo, un composto que sabemos que presenta algunha actividade farmacolóxica, ben porque é semellante a algún composto xa coñecido na natureza ou ben porque intensos estudos nos leven a pensar na súa conveniencia.
Unha vez coñecida a estrutura que buscamos, hai que deseñar os pasos que nos levarán a conseguila, ensamblando e introducindo os diversos grupos funcionais a partir de moléculas comerciais.
Estes pasos hai que levalos a cabo no laboratorio a través de sucesivos procesos que se investigan sobre a marcha ou que xa se atopan reportados en bibliografía, reproducindo condicións de temperatura, concentracións, disolventes, reactivos…
Como sabemos se o estamos facendo ben? Os compostos que imos obtendo, vanse aillando e analizando a través de varias técnicas que normalmente combinan cromatografía e espectroscopías diversas.
Finalmente, aillamos o composto que buscábamos. Comprobamos, a través das técnicas analíticas necesarias, que se trata exactamente da estrutura que desexábamos, e por fin xa está lista para efectuar as probas que determinen ou confirmen a súa actividade farmacolóxica.
  • Síntese da benzocaína (anestésico local)
  • Síntese da cocaína

  • Nesta ligazón de XploreHealth aparecen actividades interactivas nas que podes traballar coas etapas que implican o desenvolvemento dun novo fármaco.

Espectrómetro de masas

  • Nesta ligazón podedes traballar cunha ferramenta interactiva na que é posible comparar as traxectorias dos isotopos do mesmo elemento nun espectrómetro de masas.  Xa sabedes que este instrumento aplica un campo magnético sobre os ións que viaxan a determinada velocidade e fórzaos a curvar a súa traxectoria. Este radio de curvatura depende da relación carga/masa do ión, así que pode separar a traxectoria de ións da mesma carga soamente por ter diferente masa. Por iso, trátase dun bo método para determinación de isotopos.
  • Este vídeo explica como se coñece a abundancia isotópica:

espectrometro_masas_1

espectrometro_masas

espectrom_masas_2

  • As auroras boreais xorden a consecuecia da emisión de luz polos átomos da atmosfera que son excitados polas partículas cargadas  procedentes do vento solar e aceleradas no campo magnético terrestre. Podes buscar información sobre este fenómeno.

Xúpiter posúe un enorme campo magnético, e tamén foron observadas auroras nos seus polos.

Neste artigo fálase de Xüpiter como un xigantesco acelerador de partículas.

Arriba: el acelerador de partículas más grande del sistema solar (la magnetosfera de Júpiter).  Abajo: el más poderoso acelerado de partículas en los dominios del sol (el LHC de la Tierra). No sabe uno si sorprenderse mas por las dimensiones de aquel que es creado por la naturaleza alrededor de Júpiter o por la potencia de uno desarrollado por la civilización inteligente que habita la superficie de uno de los planetas enanos del sistema solar.  Crédito de la imagen arriba: NASA Goddard.