Clasificación da materia

Imagen relacionada

Resultado de imagen de sustancias puras y mezclas dibujos

Resultado de imagen de sustancias puras y mezclas dibujos

Resultado de imagen de sustancias puras y mezclas dibujos

Resultado de imagen de sustancias puras y mezclas dibujos

Advertisements

Aumento ebulloscópico e descenso crioscópico

Nos seguintes vídeos podedes apreciar a variación da temperatura de fusión e ebulición da auga cando leva outra substancia disolta. Tede en conta que esta variación depende da concentración da disolución. Tede tamén en conta que nun dos vídeos aparece como T de abulición da auga un valor medido de 98ºC. Pensade que hai erro no instrumento de medida ou que non sabemos se esta medida estaba tomada a nivel do mar. O que importa é a diferencia con respecto á medida da auga con sal.

 

Vídeo

Curiosidades sobre cambios de estado

  • Fervedor de man.

Mira o seguinte vídeo e intenta explicar como funciona o xoguete. Debes saber que o líquido é alcol (moi volátil) coloreado e que no interior do recipiente non hai aire.

-Por que hai desplazamento do líquido cando tocamos o recipiente coa man?

-Por que ferve?

-Por que non acaba pasando todo a vapor?

  • O efecto Leidenfrost.

O efecto Leidenfrost é o nome dado ao fenómeno da capa de vapor que se forma en torno a un líquido, ao atoparse sobre unha superficie con temperatura significativamente maior ao punto de ebulición dese líquido.

Cuando sobre una placa metálica a alta temperatura se coloca unha gota dun líquido volátil (auga, alcol, etc.), a gota non se evapora instantáneamente, senón que se move erráticamente sobre a superficie durante certo tempo ata que, finalmente, desaparece. Pero tarda máis tempo en desaparecer que a unha temperatura inferior. A capa de vapor que se forma debaixo impide o contacto da gota coa superficie quente, así que non se evapora. Se esta gota continúa moito tempo enriba da superficie, o vapor acaba transmitindo o calor e a gota acaba evaporándose.

Vídeo

Cambios de estado (II)

EBULICIÓN

  • Mirade aquí como a auga pode entrar en ebulición a temperatura ambiente a  base de reducir a presión:

Nestoutro vídeo conseguimos o mesmo, pero agora eliminamos o aire coa axuda dunha bomba de baleiro, que é máis efectiva:

  • De novo observade a influencia da presión sobre a temperatura de ebulición, esta vez a medida que ascendemos ao Everest. Anota a variación das temperaturas medidas:

 

SUBLIMACIÓN

  • Aquí temos a sublimación directa e inversa do iodo.
  • Neste vídeo podedes ver algúns experimentos feitos con “xeo seco” ou CO2.