Características físico-químicas do mar

Neste artigo presentamos o traballo de laboratorio que fixemos sobre as propiedades físico-químicas do mar.

  • SALINIDADE

Preparamos unha disolución imitando as concentracións medias dos diversos sales presentes no mar.

prepar_agua_mar_1

  • CONDUCTIVIDADE

Comprobamos que a conductividade da auga destilada é cero e da auga do mar que preparamos non é cero, polo que conseguimos acender o LED.

conductividad_mar

  • pH

Medimos o pH da auga de mar en comparación co do zume de limón e o deterxente e observamos que está preto da neutralidade (pH 7):

pH_mar_2

  • DENSIDADE

Medimos a densidade da auga destilada e a auga con sal. Comprobamos que esta última é maior e que, ademáis, diminúe coa temperatura. Falamos do que isto inflúe na flotabilidade dos buques, e do disco Plimsoll.

densidad_agua_mar

  • DESCENSO DO PUNTO DE CONXELACIÓN

Observamos como baixa a temperatura de conxelación da auga cando lle botamos sal. Razoamos a aplicabilidade deste fenómeno para fundir o xeo das carreteras en inverno.

descenso crioscopico

  • RECRISTALIZACIÓN

Recristalizamos unha disolución de auga con cloruro sódico. Obtemos cristais cúbicos. O proceso de cristalización é o que se produce nas salinas.

recristalizacion

  • A CORROSIÓN

Estudamos a influencia da salinidade, humidade e presenza de osíxeno na corrosión duns clavos de ferro.

corrosion_4

E, 48 h despois, temos os resultados: obsérvase unha maior oxidación nos tubos nos que había sal, osíxeno e auga.

IMG_20150305_100530

Ademáis, tamén quedaron durante 48h dous tubos con clavos mergullados en auga con sal e libre entrada de osíxeno, pero un deles estaba rodeado de papel de aluminio. Este funcionou como ánodo de sacrificio e o clavo non se oxidou:

IMG_20150305_100639

 

 

Aumento ebulloscópico e descenso crioscópico

Nos seguintes vídeos podedes apreciar a variación da temperatura de fusión e ebulición da auga cando leva outra substancia disolta. Tede en conta que esta variación depende da concentración da disolución. Tede tamén en conta que nun dos vídeos aparece como T de abulición da auga un valor medido de 98ºC. Pensade que hai erro no instrumento de medida ou que non sabemos se esta medida estaba tomada a nivel do mar. O que importa é a diferencia con respecto á medida da auga con sal.