Permanganimetría

Valoración do FeSO4 con KMnO4 en presenza de H2SO4:

Ecuación iónica axustada:

5Fe+2 + MnO4- + 8H+  –>  5Fe+3 + Mn+2 + 4H2O

Ecuación molecular axustada (ter en conta que se forma K2SO4, pois os K+ é un ión espectador e debe axustarse:

5FeSO4 + KMnO4 + 4H2SO4  –>  (5/2)Fe2(SO4)3 + MnSO4 + 4H2O + (1/2)K2SO4

10FeSO4 + 2KMnO4 + 8H2SO4  –>  5Fe2(SO4)3 + 2MnSO4 + 8H2O + K2SO4

*No vídeo pártese dunha disolución de FeSO4 xa lixeiramente oxidada, pois debería ser practicamente incolora (FeSO4: practicamente incoloro – Fe2(SO4)3: coloración amarela). Esta coloración amarela iría aparecendo ao longo da valoración (no vídeo vaise intensificando ao engadir MnO4-) pois estamos oxidando o Fe+2 a Fe+3.

Electrolise

  • Electrolise dunha disolución de NaCl en auga.
  • Electrolise da auga.
  • Electrolise dunha disolución de KI. Fíxate en que nós detectamos a presenza de ións OH- no cátodo con axuda de papel indicador de pH. No vídeo botan fenolftaleína á disolución de KI, así que se pon de cor rosada en medio básico (cátodo).
  • Electrolise dunha disolución de CuCl2:

reaccións redox no laboratorio

  • Cu + 4HNO3   –>  Cu (NO3)2 + 2NO2 + H2O
  • Fe + CuSO4 –> Cu + FeSO4

Nestoutro vídeo aparece a mesma reacción, pero inicialmente conséguense os ións de cobre a partir dunhas moedas (limpando unhas moedas oxidadas) e despois empregámolo para oxidar o Fe:

  • Zn + CuSO4 –> Cu + ZnSO4

Observa como o Zn se recobre de Cu e a disolución vai perdendo a coloración azul por desaparición dos ións Cu+2.

  • Para limpar prata:

a) Ag + H2S –> Ag2S + H2  –>  o Ag2S é prata “sucia”

b) 3Ag2S + 2Al  –> 6Ag + Al2S3  –> a Ag volve ser “prata limpa”

  • 2AgNO3 + Cu –> Cu(NO3)2 + 2Ag

Observa como se deposita a prata sólida e a disolución toma coloración azul pola aparición de ións Cu+2: