A chuvia ácida

O pH de moitas augas de chuvia chega a ser de 4,2-4,3, o que indica un grao de acidez moi alto. Esta é a “chuvia ácida”. É a consecuencia do arrastre de diversas substancias na auga de chuvia.

– Causas do incremento da acidez da auga de chuvia

A actividade humana produce a emisión á atmosfera de gases que, combinados coa auga, xeneran ácidos. Estes gases son, principalmente, os óxidos de xofre  (SOx, estímase que contribúen nun 60 – 70%) e os óxidos de nitróxeno (NOx, contribúen en torno ao 30%); a porcentaxe restante, en torno a un 6%, sería responsabilidade doutras especies químicas.

contaminacion_Madrid

Estes gases orixínanse, fundamentalmente, en procesos de combustión, tanto a nivel doméstico (calefaccións), como a nivel industrial (obtención de enerxía eléctrica por combustións en caldeiras) e, ademáis, nos motores dos medios de transporte nos que se queiman combustibles.

combustible+O2 –> outros produtos da combustión +CO2+SO2 +NOx+H2O+enerxía térmica

Os gases emitidos á atmosfera  reaccionan coa auga:

NOx + H2O –> HNO3

CO2 + H2O –> H2CO3

SOx + H2O –> H2SO4

chuvia_acida

– Efectos da chuvia ácida

A chuvia ácida xenera multitude de efectos nocivos, tanto sobre os ecosistemas como sobre los materiais:

  • Aumento da acidez das augas de ríos e lagos, o que produce danos importantes na vida acuática, tanto piscícola como vexetal.

peces_lluviaacida

  • Aumento da acidez do solo, que implica cambios na súa composición, liberándose das rochas metais tóxicos, tales como o cadmio, níquel, manganeso, plomo ou mercurio que, deste modo, se introducen tamén nas correntes de auga.
    A vexetación exposta directamente á chuvia ácida sofre este deterioro do solo, un dano directo que chega a ocasionar incluso a morte de moitas especies. Ademáis, destrúese a capa protectora das follas das prantas, quedando expostas aos ataques de microorganismos.

follas_chuviaacida

  • Os materiais metálicos corróense a maior velocidade.
  • Os monumentos e edificios construídos con pedra caliza sofren tamén danos, debido á reacción química:

CaCO3 (pedra caliza)+H2SO4 (chuvia ácida) –> CaSO4 (yeso)+CO2+H2O

O problema é que o CaSO4  disólvese en auga con máis facilidade que a pedra caliza CaCO3, así que a pedra vaise deteriorando coa chuvia. Mirade a fotografía, que amosa a escultura de arenisca do Castelo de Herten, Recklinghausen, no Rhin (Alemania) e construído en 1702. Na foto da esquerda vedes o aspecto en 1908, moderadamente deteriorado e, á dereita, a mesma escultura en 1969, prácticamente destruída.

lluvia_acida_estatua

Neste vídeo podedes ver como os ácidos atacan ao CaCO3 do xiz. Fórmase CO2 (burbullas) e o xiz vaise disolvendo:

 

-Como axudar a eliminar a chuvia ácida

Hai que reducir a produción de contaminantes, a través dos seguintes medios:

  • Reducir o consumo de enerxía e incrementar o emprego de enerxías limpas: aislar mellor as vivendas, coidar o consumo de electricidade e calefacción…
  • Reducir o  emprego de transportes con motores de combustión: usar menos o coche e  usar o transporte público.
  • Potenciar o emprego de envases reutilizables, a recollida selectiva de residuos e o reciclado de todo tipo de artigos, porque o consumo enerxético é menor cando se fabrican moitos produtos como o papel, metais, etc. a partir dos correspondentes materiais reciclados.