A orixe dos elementos

Le neste enlace un resumo sobre como os elementos químicos que conforman o noso corpo e todo o que nos rodea proceden das estrelas:

Comportamento dos metais alcalinos

A medida que avanzamos polo grupo dos metais alcalinos. aumenta a capacidade do átomo (chamémoslle M) para desprenderse do seu último electrón e, por tanto, faise máis reactivo, pois forma un catión M+ con maior facilidade (menor potencial de ionización).

Cando un elemento alcalino  entra en contacto coa auga, fórmase o catión M+ a través da reacción:

M + H2O  –> (M+)   +   (OH-)    +  1/2 H2

Esta reacción faise máis favorable a medida que avanzamos pola familia dos alcalinos, xa que a formación do catión M+ resulta máis doada. Canto máis favorable é a reacción, despréndese máis enerxía. E o H2 (gas) que se forma, como é inflamable, reacciona co osíxeno do aire, provocando unha explosión, máis violenta canta máis enerxía se desprende na reacción, e dicir, a medida que baixamos polo grupo dos alcalinos.

Nestes vídeos podedes comprobar a violencia destas explosións ao ir avanzando na secuencia Li, Na, K, Rb, Cs.