Corrosión

  • Fai clic nesta entrada para lembrar como observamos no laboratorio a influencia da salinidade e da presenza de osixeno e da auga na corrosión dun clavo. Fíxate tamén no efecto dun ánodo de sacrificio.

IMG_20150305_100639

  • Estas observacións déronnos pé a entender que se produce un trasvase de electróns dun metal a outro. Se aproveitamos este trasvase cun condutor, fabricamos unha pila. Entendimos que este foi o proceso da invención da pila (Volta) no sXIX, a raíz dos experimentos de Galvani. Construímos entón unha pila cada un con moedas de 5cts (Cu) e papel albal (Al). Despois, puxémolas en serie e medimos a voltaxe xerada. Este é o dispositivo inventado por Alessandro Volta a principios do sXIX, e supuxo o inicio do control da corrente eléctrica.

IMG_20150305_142557_repe

pila-volta

  • A pila foi o dispositivo inventado por Volta tras intentar comprender o que lle sucedeu ao seu contemporáneo Galvani cando accidentalmente conseguiu estimular o movemento muscular dunha ra morta ao poñer en contacto con ela dous metais diferentes. Galvani pensou que se trataba dun “impulso vital” presente na ra, pero Volta acertou pensando que se producía un trasvase de electróns entre dous metais diferentes. Igual que sucedeu entre o clavo de ferro e o aluminio, nunha parella de metais sempre haberá un con maior tendencia a ceder electróns ca o outro, de xeito que se producirá unha corrente eléctrica entre ambos. Esta corrente aprovéitase se colocamos un condutor entre os metais, como a ra ou un cable.

Galvani_rana

  • Pero non sempre foi así. Como se almacenaba electricidade antes da invención da pila? Conseguíase almacenar a carga eléctrica acadada por frotamento nun enxeño chamado Botella de Leyden. Construimos a botella de Leyden con materiais caseiros e comprobamos o seu funcionamento. Conseguimos reproducir así un raio na casa. Fíxate en que a descarga eléctrica é momentánea, e despois temos que volver cargala para obter de novo outra descarga. Realmente a pila foi un gran invento: os científicos xa podían obter electricidade en calquera momento. Bastaba con unir os polos da pila.

IMG_20150623_104005_peq

IMG_20150623_104053_peq

Advertisements