Flotación

  • Sabemos que todos os corpos na Terra pesan porque a Terra os atrae.  Pero tamén sabemos que un obxecto mergullado nun fluído recibe un empuxe do fluído cara arriba, de modo que parece que pesa menos. A diferencia entre o peso do obxecto dentro do fluído e fora é o empuxe do fluído. Confírmao coa axuda desta simulación.
  • Chamémoslle “P” ao seu peso, que é unha forza dirixida cara abaixo. O Principio de Arquímedes di: “Todo corpo mergullado nun fluido experimenta un pulo cara arriba “E” igual ao peso do fluido desaloxado”.
  • Cando P>E, o corpo afúndese. Cando P<E o corpo flota.
  • Como aumenta o pulo cara arriba “E”?: aumentando a densidade do fluido e aumentando o volume do obxecto. Así o peso do fluido desaloxado será maior.
  • Cambia “P” e “E” na seguinte simulación e fíxate no que sucede:

flotacion

  • Explora na seguinte simulación como inflúe a densidade do líquido na flotabilidade dos diversos materiais:
  •  Cando un buque está demasiado cargado, o seu peso “P” pode ser superior ao pulo “E”, e o barco pode afundir. Por iso, márcase a liña de máximo calado nos cascos dos buques, para garantir unha altura de obra morta que sexa segura. Esta marca chámase disco Plimsoll.

discoplimsoll

  • Pero a densidade da auga do mar depende da súa salinidade e temperatura. As máis frías e saladas son máis densas. Por iso, estas augas empuxan máis ao buque cara arriba, axudándoo a flotar. Se cargamos moito un barco nunha auga moi fría e despois viaxamos a unha zona máis cálida ou de menor salinidade, a auga empuxará menos ao barco e este pode afundir. Por iso, xunto ao disco Plimsoll aparecen debuxadas outras marcas relativas ás características das augas. A altura destas marcas determínaan os enxeñeiros navais.

  • Neste vídeo vemos por que flota un barco:
Advertisements