Día da ciencia en Galicia 2015

NP_290515_efemeridealvarino

  • Este ano  a Real Academia Galega de Ciencias homenaxea a Ánxeles Alvariño, oceanógrafa galega de prestixio internacional que tivo que exercer a súa profesión fora de España por motivos políticos. O seu meticuloso traballo sobre zooplancton e numerosísimas viaxes permitiron trazar mapas detallados das correntes oceánicas en todo o planeta. Actualmente o buque “Ángeles Alvariño” do Instituto español de oceanografía continúa efectuando investigacións oceanográficas.  Ademáis, na súa obra “España y la primera expedición científica oceánica 1789-1794”, Alvariño reivindicou a expedición de Alesssandro Malaspina como o pioneiro das expedicións científicas oceánicas, entre elas a realizada ao polo norte, tradicionalmente atribuídas ao inglés James Cook. Lembrarvos que o proxecto Malaspina continúa hoxe colocando as ciencias marinas españolas na vangarda internacional.
  • Neste día, dende o equipo da biblioteca coa axuda dalgúns de vós, que estivestes investigando sobre a vida desta admirable científica, fixo a súa pequena homenaxe na entrada do IES:

DÍA DA CIENCIA (10)_peque

  • Xa que estivemos falando de “Frankenstein”, decatámonos de que as expedicións ao Polo Norte de Malaspina e de Cook probablemente inspiraron a Mary Shelley na súa obra, pois Víctor Frankenstein viaxa ata alí e atopa a súa criatura. Na foto amosamos o glaciar Malaspina, no sudeste de Alaska, chamado así en honor a Alessandro Malaspina, que percorreu esa zona no 1791.

280px-Malaspina_Glacier_from_space

Advertisements