Masa e peso

A MASA

  • A masa é unha propiedade da materia que expresa a cantidade de substancia que contén. A súa unidade no SI é o Kg e pode ser medida cunha balanza. Preme no debuxo e poderás medir  masa duns obxectos coa axuda dunha balanza de platos, na se se compara a masa descoñecida cunha serie de pesas de masa coñecida.

masaypeso

  •  Nestoutra ligazón podedes empregar unha balanza monoplato:

balanza monoplato

O PESO

  • O peso é a forza coa que un obxecto é atraído hacia o planeta no que se atopa. Como todas as forzas, mídese en Newtons (N). Esta forza de atracción depende da aceleración de caída dos corpos nese planeta, ou aceleración da gravidade (g).
  • Na Terra a aceleración da gravidade “g” vale 9,8 m/s2. Isto é que, cando un obxecto se deixa caer na Terra, este vai caendo cada vez a maior velocidade, concretamente a súa velocidade aumenta en 9,8m/s cada segundo. Non esquezas que (se non hai fricción co aire) a aceleración de caída dos corpos soamente depende do Planeta no que estean, nunca da masa do corpo. Fíxate no seguinte vídeo a partir do minuto 2:33, no que se deixa caer unha pelota e unha pluma nunha xigantesca cámara de baleiro (non hai aire):

  • Por ese motivo, a oscilación dun péndulo non depende da súa masa, e soamente da lonxitude da corda. Compróbao na seguinte simulación, e fíxate como a oscilación varía coa gravidade do planeta:

Resultado de imagen de pendulum phet

  • ¿Como se mide unha forza? Cun dinamómetro: é un resorte graduado que se estira máis canto maior sexa a forza que se lle aplique. Nesta simulación podes observar como varía o alongamento do resorte ao variar a masa. Lembra que P=m·g, onde “g” é a aceleración da gravidade do planeta no que se atopa o obxecto.
  • Na seguinte ligazón podedes empregar dinamómetros para observar como un obxecto produce diferentes alongamentos en diferentes planetas e tamén o que acontece en ausencia de gravidade.

Laboratorio de Resortes y Masa

  • E que pasa se non hai gravidade?

Advertisements
Vídeo

O método científico e a caída dos corpos

Nos inicios do século XVII, un dos pais da Ciencia moderna, o científico Galileo Galilei, estudiou a caída dos corpos. Empregou o método científico para o estudo da influencia da masa na velocidade de caída dos corpos.

A lenda di que lanzou dos corpos de diferente masa dende a Torre inclinada de Pisa para averiguar se chegaban ao chan ao mesmo tempo. E sí, chegaban ao mesmo tempo! Concluíu entón que a aceleración de caída dos corpos non dependía da súa masa.

Pero, por que nós vemos que a pluma tarda máis en caer que a boliña? Galileo pensaba que as diferentes velocidades de caída se debían á presenza de aire no medio. Pero non puido confirmar a súa hipótese, posto que na súa época non había aparellos que fixesen un baleiro dabondo como para eliminar o aire do medio.

galileo

Agora sí que podemos conseguir este baleiro. No seguinte vídeo, podemos observar a caída dunha pluma e unha boliña de acero dentro do chamado “tubo de Newton”. Cando hai aire dentro do tubo, a boliña chega ao fondo moito antes que a pluma (podédelo comprobar polo ruído que fai). Pero, cando se extrae o aire do interior do tubo, podemos ver cómo os dous obxectos chegan ao mesmo tempo. É dicir, que o motivo polo que a pluma chegaba máis tarde, era a súa resistencia ao aire co que vai “tropezando” ao longo do seu descenso.

Neste vídeo tedes unha impresionante demostración da caída dos corpos en ausencia de aire. Nunha xigantesca cámara de baleiro déixanse caer unhas plumas e unha pelota. Ollade o que sucede. O interesante está a partir do minuto 2:33:

De feito, un dos experimentos que se fixeron na Lúa, en ausencia da atmósfera terrestre e, por tanto, sen o rozamento característico da mesma, foi lanzar un martelo e unha pluma ao mesmo tempo, e comprobouse que chegaban ao chan simultáneamente:

A hipótese de Galileo, pódese confirmar! El non puido. De feito, foi un incomprendido na súa época, pois defendía que A Terra xiraba en torno ao Sol, levando a contra aos altos cargos da Inquisición, que o consideraron herexe e o obrigaron a abxurar, é dicir, a admitir que o que el dicía, tras numerosas observacións do movemento planetario ao longo da súa vida, era un erro. El sabía que tiña razón pero, a pesar de todo, abxurou. Podedes ver aquí unha recreación deste momento na película “Galileo”, de Liliana Cavani (1968):