Primeiros modelos atómicos: Dalton, Thomson, Rutherford

  • A primeira idea de átomo foi introducida polo filósofo grego Demócrito (s III a.C.), quen defendía a idea dunha última partícula indivisible como constitutiva da materia. Ademáis, creía que as propiedades das substancias dependían da FORMA destes átomos.

democrito

  • Esta idea é rexeitada polos seus contemporáneos, pois a discontinuidade implicaba a existencia do vacío, e esta idea non era concebible, pois a velocidade neste espazo sería infinita. Preferiuse durante séculos a Teoría dos catro elementos de Aristóteles.

aristoteles

  • No ano 1803 o inglés John Dalton a partir de innumerables medicións no laboratorio coa axuda da súa balanza, recolle a idea de átomo indivisible e propón que as propiedades dos distintos elementos débense ás MASAS dos seus átomos, concebidos como esferas ríxidas. Así, os puntos fundamentais son: 1-A materia está formada por partículas indivisibles e inalterables chamadas átomos. 2- Os átomos de distintos elementos diferéncianse pola súa masa. 3-Os compostos químicos están formados por átomos de diferentes elementos combinados segundo unha relación sinxela de números enteiros.  4-Nunha reacción química os átomos reorganízanse.

dalton

  • Unha vez descubertos os electróns, o átomo indivisible xa non é un modelo aceptable, así que Thomson elabora en 1904 o do “budín de pasas“, insertando aos electróns negativos de masa despreciable nunha masa positiva.

thomson

  • No ano 1910 Rutherford e o seu equipo realizan o famoso experimento que os leva ao primeiro modelo nucleado do átomo. A sorprendente traxectoria das partículas alfa coas que rebotaban contra a fina lámina de ouro foi a clave do experimento, que revelaba que existe unha altísima concentración de carga positiva e masa nun núcleo central e un enorme espazo practicamente vacío, a codia, polo que viaxan os electróns.

rutherford

  • Esta aplicación serve para traballar na construción dun átomo segundo o modelo planetario:

Imagen relacionada

 

 

Simulación para fabricar isótopos

Nesta ligazón da Universidade de Colorado poderedes fabricar isótopos.

Isotopes and Atomic Mass

Se premedes en “Make isotopes”, poderedes construir os isótopos dos primeiros 10 elementos da Táboa e o programa indicará cales son os inestables.

Se premedes en “Mix isotopes”, prepararedes unha mestura de diversos isótopos para os primeiros 18 elementos da Táboa, e o programa calculará a masa atómica media tendo en conta a abundancia porcentual de cada un.

  • E aquí podedes traballar coa datación radiactiva.