O método científico e o péndulo

columpio

  • Neste vídeo podedes ver como se aplica o método científico ao estudo da oscilación dun péndulo.

  • E aquí podedes ver unha simulación interactiva para estudar os factores que inflúen na oscilación dun péndulo. Variade a lonxitude do fío e a masa e, sobre todo, o valor da aceleración da gravidade. Lembrade que a gravidade na Lúa é menor que na Terra e en Xúpiter é moito maior que na Terra. Comprobade tamén que sucede cando a gravidade é cero.Pendulum Lab
Vídeo

Descubrimento da penicilina

No ano 1928 o médico escocés Alexander Fleming descubríu o que sería un dos achados máis relevantes para a historia da humanidade: a penicilina.

fleming

Inicialmente foi un descubrimento casual, pero a capacidade de observación e curiosidade de Fleming levouno a analizar e aplicar o método científico para aclarar as súas observacións. No seguinte vídeo poderás saber máis sobre este importantísimo investigador.

E aquí, en debuxos animados, a historia do descubrimento e posterior investigación para lograr aislar o fungo e administrar a penicilina aos seres humanos. Está en dúas partes:

A coroa de Arquímedes

No s. III a.C. Hieron, rei de Siracusa, encargara unha nova coroa de ouro, entregándolle ao operario un lingote de ouro de masa coñecida. O operario fixo a coroa. Pero o rei sospeitaba que lle enganaran, sustituíndo parte do ouro por prata, de moito menos valor que o ouro. A coroa pesaba o mesmo, pero o rei pensaba que non estaba feita de ouro puro.

Entón, chamou a Arquímedes para solucionar o problema…

Nesta ligazón poderás traballar cos diversos pasos do método científico aplicados por Arquímedes para resolver o problema.

eureka

Ollade no vídeo como foi a historia:

Unidades de medida

  • Nesta ligazón da Universidade de Utah podedes ver un interesante zoom no que se aprecia o necesario cambio de unidades de lonxitude a medida que nos adentramos na materia.

scaleBanner