Leis dos gases-2ESO

  • Nesta ligazón podes explorar que sucede a nivel molecular cando modificamos o volume, a presión e a temperatura dun gas. Se este gas é ideal, responde ás Leis de Boyle-Mariotte (T=cte), Gay-Lussac (V=cte) e Charles (P=cte).

Imagen relacionada

1-Vai á pestana “Leyes” e investiga en “Boyle”, “Charles” e “Gay-Lussac”.

2-A continuación, preme en “Laboratorio” e vai a “Sala Boyle” e “Sala Charles”

1-Observa o movemento das partículas ao incrementar a temperatura na primeira pestana.

2-Na pestana “Ley de Boyle” toma parellas de datos P,V e comproba que se cumple a lei de Boyle.

3-Na pestana “Lei de Gay Lussac” toma parellas de datos P,T e comproba que se cumple a lei de Gay Lussac.

Vídeo

Cambios de estado (II)

EBULICIÓN

  • Mirade aquí como a auga pode entrar en ebulición a temperatura ambiente a  base de reducir a presión:

Nestoutro vídeo conseguimos o mesmo, pero agora eliminamos o aire coa axuda dunha bomba de baleiro, que é máis efectiva:

  • De novo observade a influencia da presión sobre a temperatura de ebulición, esta vez a medida que ascendemos ao Everest. Anota a variación das temperaturas medidas:

 

SUBLIMACIÓN

  • Aquí temos a sublimación directa e inversa do iodo.
  • Neste vídeo podedes ver algúns experimentos feitos con “xeo seco” ou CO2.