Propiedades da materia

A materia presenta dous tipos de propiedades:

-As propiedades xerais dependen da cantidade de substancia que teñamos.

-As propiedades específicas dunha substancia son as mesmas independentemente da cantidade que teñamos desa substancia.

Teño unha substancia A e unha substancia B. Unha é sal e a outra azucre. Se che digo que teño 4g de A e 9g de B, sabes dicir cal é a sal e cal o azucre? E se che digo que A é doce e B é salgada? Unha propiedade xeral, como a masa, nunca serve para distinguir ou caracterizar substancias, pero unha propiedade específica si.

Resultado de imagen de propiedades especificas de la materia interactivo

  • Traballa coa seguinte ligazón as diferentes propiedades da materia.
Advertisements

Flotación

  • Sabemos que todos os corpos na Terra pesan porque a Terra os atrae.  Pero tamén sabemos que un obxecto mergullado nun fluído recibe un empuxe do fluído cara arriba, de modo que parece que pesa menos. A diferencia entre o peso do obxecto dentro do fluído e fora é o empuxe do fluído. Confírmao coa axuda desta simulación.
  • Chamémoslle “P” ao seu peso, que é unha forza dirixida cara abaixo. O Principio de Arquímedes di: “Todo corpo mergullado nun fluido experimenta un pulo cara arriba “E” igual ao peso do fluido desaloxado”.
  • Cando P>E, o corpo afúndese. Cando P<E o corpo flota.
  • Como aumenta o pulo cara arriba “E”?: aumentando a densidade do fluido e aumentando o volume do obxecto. Así o peso do fluido desaloxado será maior.
  • Cambia “P” e “E” na seguinte simulación e fíxate no que sucede:

flotacion

  • Explora na seguinte simulación como inflúe a densidade do líquido na flotabilidade dos diversos materiais:
  •  Cando un buque está demasiado cargado, o seu peso “P” pode ser superior ao pulo “E”, e o barco pode afundir. Por iso, márcase a liña de máximo calado nos cascos dos buques, para garantir unha altura de obra morta que sexa segura. Esta marca chámase disco Plimsoll.

discoplimsoll

  • Pero a densidade da auga do mar depende da súa salinidade e temperatura. As máis frías e saladas son máis densas. Por iso, estas augas empuxan máis ao buque cara arriba, axudándoo a flotar. Se cargamos moito un barco nunha auga moi fría e despois viaxamos a unha zona máis cálida ou de menor salinidade, a auga empuxará menos ao barco e este pode afundir. Por iso, xunto ao disco Plimsoll aparecen debuxadas outras marcas relativas ás características das augas. A altura destas marcas determínaan os enxeñeiros navais.

  • Neste vídeo vemos por que flota un barco:

Masa e peso

A MASA

  • A masa é unha propiedade da materia que expresa a cantidade de substancia que contén. A súa unidade no SI é o Kg e pode ser medida cunha balanza. Preme no debuxo e poderás medir  masa duns obxectos coa axuda dunha balanza de platos, na se se compara a masa descoñecida cunha serie de pesas de masa coñecida.

masaypeso

  •  Nestoutra ligazón podedes empregar unha balanza monoplato:

balanza monoplato

O PESO

  • O peso é a forza coa que un obxecto é atraído hacia o planeta no que se atopa. Como todas as forzas, mídese en Newtons (N). Esta forza de atracción depende da aceleración de caída dos corpos nese planeta, ou aceleración da gravidade (g).
  • Na Terra a aceleración da gravidade “g” vale 9,8 m/s2. Isto é que, cando un obxecto se deixa caer na Terra, este vai caendo cada vez a maior velocidade, concretamente a súa velocidade aumenta en 9,8m/s cada segundo. Non esquezas que (se non hai fricción co aire) a aceleración de caída dos corpos soamente depende do Planeta no que estean, nunca da masa do corpo. Fíxate no seguinte vídeo a partir do minuto 2:33, no que se deixa caer unha pelota e unha pluma nunha xigantesca cámara de baleiro (non hai aire):

  • Por ese motivo, a oscilación dun péndulo non depende da súa masa, e soamente da lonxitude da corda. Compróbao na seguinte simulación, e fíxate como a oscilación varía coa gravidade do planeta:

Resultado de imagen de pendulum phet

  • ¿Como se mide unha forza? Cun dinamómetro: é un resorte graduado que se estira máis canto maior sexa a forza que se lle aplique. Nesta simulación podes observar como varía o alongamento do resorte ao variar a masa. Lembra que P=m·g, onde “g” é a aceleración da gravidade do planeta no que se atopa o obxecto.
  • Na seguinte ligazón podedes empregar dinamómetros para observar como un obxecto produce diferentes alongamentos en diferentes planetas e tamén o que acontece en ausencia de gravidade.

Laboratorio de Resortes y Masa

  • E que pasa se non hai gravidade?

Densidade

  • A densidade dun corpo é a relación que existe entre a súa masa e o seu volume. d=m/V. Exprésase en g/cm3 ou kg/m3,… Na seguinte ligazón podes calcular a densidade dun obxecto a partir da medida da súa masa e o seu volume.

densidad_interactivo

  • Un obxecto flota nun fluido cando ten menos densidade que o fluido. Se é máis denso, afúndese. Explora estes conceptos na seguinte ligazón:
Buoyancy

Click to Run
  • Neste vídeo verás varios experimentos coa densidade dos corpos:
  • Fíxate no mercurio. A súa densidade é de 13,6g/ml, e a da auga é 1g/ml:
  • A densidade nos buques:

A coroa de Arquímedes

No s. III a.C. Hieron, rei de Siracusa, encargara unha nova coroa de ouro, entregándolle ao operario un lingote de ouro de masa coñecida. O operario fixo a coroa. Pero o rei sospeitaba que lle enganaran, sustituíndo parte do ouro por prata, de moito menos valor que o ouro. A coroa pesaba o mesmo, pero o rei pensaba que non estaba feita de ouro puro.

Entón, chamou a Arquímedes para solucionar o problema…

Nesta ligazón poderás traballar cos diversos pasos do método científico aplicados por Arquímedes para resolver o problema.

eureka

Ollade no vídeo como foi a historia: