O método científico_

metodocientifico

  • Estas animacións amosan as etapas do método científico:
Advertisements
Vídeo

O método científico e a caída dos corpos

Nos inicios do século XVII, un dos pais da Ciencia moderna, o científico Galileo Galilei, estudiou a caída dos corpos. Empregou o método científico para o estudo da influencia da masa na velocidade de caída dos corpos.

A lenda di que lanzou dos corpos de diferente masa dende a Torre inclinada de Pisa para averiguar se chegaban ao chan ao mesmo tempo. E sí, chegaban ao mesmo tempo! Concluíu entón que a aceleración de caída dos corpos non dependía da súa masa.

Pero, por que nós vemos que a pluma tarda máis en caer que a boliña? Galileo pensaba que as diferentes velocidades de caída se debían á presenza de aire no medio. Pero non puido confirmar a súa hipótese, posto que na súa época non había aparellos que fixesen un baleiro dabondo como para eliminar o aire do medio.

galileo

Agora sí que podemos conseguir este baleiro. No seguinte vídeo, podemos observar a caída dunha pluma e unha boliña de acero dentro do chamado “tubo de Newton”. Cando hai aire dentro do tubo, a boliña chega ao fondo moito antes que a pluma (podédelo comprobar polo ruído que fai). Pero, cando se extrae o aire do interior do tubo, podemos ver cómo os dous obxectos chegan ao mesmo tempo. É dicir, que o motivo polo que a pluma chegaba máis tarde, era a súa resistencia ao aire co que vai “tropezando” ao longo do seu descenso.

Neste vídeo tedes unha impresionante demostración da caída dos corpos en ausencia de aire. Nunha xigantesca cámara de baleiro déixanse caer unhas plumas e unha pelota. Ollade o que sucede. O interesante está a partir do minuto 2:33:

De feito, un dos experimentos que se fixeron na Lúa, en ausencia da atmósfera terrestre e, por tanto, sen o rozamento característico da mesma, foi lanzar un martelo e unha pluma ao mesmo tempo, e comprobouse que chegaban ao chan simultáneamente:

A hipótese de Galileo, pódese confirmar! El non puido. De feito, foi un incomprendido na súa época, pois defendía que A Terra xiraba en torno ao Sol, levando a contra aos altos cargos da Inquisición, que o consideraron herexe e o obrigaron a abxurar, é dicir, a admitir que o que el dicía, tras numerosas observacións do movemento planetario ao longo da súa vida, era un erro. El sabía que tiña razón pero, a pesar de todo, abxurou. Podedes ver aquí unha recreación deste momento na película “Galileo”, de Liliana Cavani (1968):