Isomería óptica

  • O seguinte vídeo explica o fenómeno da quiralidade:

  • Neste vídeo entenderedes mellor o que é a luz polarizada:

  • E aquí tedes un exemplo práctico. A fructosa ten varios carbonos quirais (con 4 substituíntes diferentes) e, por tanto, fai xirar o plano de vibración da luz polarizada. Fixádevos como cando no bote hai auga, lógrase bloquear ao mesmo tempo a luz procedente da pantalla e a que atravesa o bote. Pola contra, cando hai fructosa disolta, non logramos bloquear simultáneamente a luz que ven directamente da pantalla e a que atravesa o bote. Isto é porque a que ven dende a pantalla non está vibrando no mesmo plano que a que atravesou o bote.

Fructose

  • Un pouco de humor…

 

Quiralidade – exemplos prácticos

  • O caso da talidomida: A talidomida é un fármaco que foi receitado a embarazadas nos anos 60 e 70 para reducir as náuseas durante os primeiros meses de embarazo. Anos despois, atopouse que os bebés presentaban serias malformacións nas súas extremidades. Descubriuse que a talidomila presenta un C asimétrico que da lugar a dúas talidomidas distintas. Unha delas (a R) producía o efecto sedante buscado, pero a outra (a S) era a responsable das malformacións. O problema era que, a pesar de que se sintetizase a correcta, estas dúas formas poden interconverterse unha vez inxeridas, de xeito que sempre vai haber forma S. Fixádevos en que se trata de dúas imaxes especulares.

  • Neste vídeo da canle “Reactions-everyday chemistry” atoparedes outro exemplo da repercusión da disposición espacial dos átomos dunha molécula orgánica sobre as propiedades de dita molécula. Aquí fálase de catro substancias responsables do aroma das rosas. Estes catro compostos presentan a mesma fórmula molecular pero unha leve diferencia na disposición espacial. A sutil diferencia provoca diferente efecto sobre os receptores nerviosos do noso nariz. Tal como se explica no vídeo, é como a chave que entra perfectamente na cerradura e a que non o fai.  Activade os subtítulos. Están en inglés, pero seguro que o podedes comprender.