O proceso de disolución

  • Olla neste vídeo como as moléculas de agua solvatan aos ións dunha rede cristalina iónica:
  • Aquí tes un experimento que amosa como as substancias que teñen propiedades semellantes en canto a súa polaridade mestúranse entre sí pois as súas moléculas poden interaccionar favorablemente, pero as que non son semellantes permanecen separadas:
Advertisements

Aumento ebulloscópico e descenso crioscópico

Nos seguintes vídeos podedes apreciar a variación da temperatura de fusión e ebulición da auga cando leva outra substancia disolta. Tede en conta que esta variación depende da concentración da disolución. Tede tamén en conta que nun dos vídeos aparece como T de abulición da auga un valor medido de 98ºC. Pensade que hai erro no instrumento de medida ou que non sabemos se esta medida estaba tomada a nivel do mar. O que importa é a diferencia con respecto á medida da auga con sal.