Hipótese de Avogadro

“Volumes iguais de gases diferentes, nas mesmas condicións de presión e temperatura, conteñen o mesmo número de partículas”

avogadro

  • A hipótese de Avogadro (1776-1856) foi determinante para lograr comprender as reaccións químicas entre gases. Lembrade que Avogadro supuxo que as partículas fundamentais de nitróxeno, osíxeno e outros gases non son átomos, senon agrupacións de varios átomos do elemento. Avogadro chamoulles moléculas. Agora sabemos que o nitróxeno, osíxeno,…son N2, O2,… moléculas diatómicas, pero el foi o primeiro en propoñelo, xa que os científicos anteriores a el non conseguiron explicar os resultados. Soamente aceptando que as moléculas son diatómicas pódese entender que:

1 vol. de hidróxeno+ 1 vol. de cloro –>  2 vols. de cloruro de hidróxeno

avogadro

  • Neste vídeo explícase como se pode chegar á suposición da Avogadro:

As Leis ponderais

  • Este vídeo explica as primeiras leis da Química, enunciadas no s. XVIII. Lavoisier, Proust e Dalton efectuaron numerosísimos experimentos no laboratorio pesando as substancias que interveñen en reaccións químicas sinxelas co obxecto de comprender as relacións ponderais entre os elementos que constitúen os compostos. Chegaron á Lei de conservación da masa, Lei das proporcións definidas e Lei das proporcións múltiples, respectivamente, que supoñen a antesala á teoría atómica proposta por Dalton. Non esquezades que, cando se efectuaban estas investigacións, os científicos non coñecían en absoluto a estrutura da materia nin as fórmulas dos compostos, tal como agora as coñecemos. Será despois cando, a raíz destes resultados, Dalton rescata a teoría atómica de Demócrito (s.III a.C), rexeitando as antigas ideas de Aristóteles e a súa teoría dos catro elementos.

 

  • A seguinte recreación pertence á película “Einstein´s big idea” (docudrama televisivo). Nela podedes decatarvos do método de traballo de Lavoisier. Foi o pai da Química moderna. Completamente obsesionado pola exactitude das medicións, pesaba todos os posibles produtos dunha reacción: cinzas, gases, sólidos, líquidos… para demostrar a súa magnífica teoría de conservación da masa, que supuxo un dos pilares da Teoría atómica e da comprensión do comportamento da materia.