Equivalente mecánico da calor

Este enlace ilustra o experimento de Joule (1843) no que determinou o equivalente mecánico da calor. Chegou á conclusión de que a calor é unha forma de enerxía, como tamén o é a enerxía potencial. Por iso interconvértense.

Resultado de imagen de experimento de joule

Este experimento xunto con outros levou ao establecemento dun dos principios máis importantes da Física: o Principio de Conservación da Enerxía.

Reaccións exo e endotérmicas

  • O KClO3 descomponse ao quentalo (reacción endotérmica)

2KClO3(l) → 2KCl(s) + 3O2(g)

O O2 xerado alimenta á seguinte reacción, na que a sacarosa (azucre) reacciona explosivamente, pois se trata dunha reacción moi exotérmica, que, ao seu tempo, coa calor xerada, alimenta máis a descomposición do KClO3.

C12H22O11(s) + 12O2(g) → 12CO2(g) + 11H2O(l) + 5645 kJ

  • Na+1/2Cl2–> NaCl+ 411KJ