Espectroscopía molecular

  • Nesta simulación vemos como a radiación que incide sobre as moléculas  pode provocar nelas diversos efectos que implican cambio na súa enerxía.
  • Este vídeo amosa o espectro IR dun composto. Podedes relacionar os picos coas diferentes vibracións moleculares:
Advertisements

Equivalente mecánico da calor

Este enlace ilustra o experimento de Joule (1843) no que determinou o equivalente mecánico da calor. Chegou á conclusión de que a calor é unha forma de enerxía, como tamén o é a enerxía potencial. Por iso interconvértense.

Resultado de imagen de experimento de joule

Este experimento xunto con outros levou ao establecemento dun dos principios máis importantes da Física: o Principio de Conservación da Enerxía.